Friday 03 de May de 2024

Nenos e nenas de Carral acudirán este sábado á pista de xeo


O prazo de inscrición está aberto ata o venres ás 20.00 h

Un ano máis a concellería de deportes de Carral organiza esta viaxe á pista de xeo (nesta ocasión á pista Invernalia no Paseo Marítimo). Está destinada a todos aqueles maiores de 4 anos que lles guste a patinaxe. O prezo da viaxe é de 8 ?, que inclúen o transporte con monitores (tamén dentro da pista) a entrada á pista de xeo e o aluguer dos patíns.

A excursión arrincará o sábado 16 de xaneiro ao redor das 10.20 h cara á instalación deportiva. Entre as 11.00 e as 12.00 os participantes nesta actividade poderán da patinaxe sobre xeo, onde dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns.

Para todos aqueles interesados en acudir a esta viaxe ou desexen obter máis información, poden dirixirse ao departamento municipal de Deportes na Casa da Cultura, ou no tlfo. 981672580 ou ao mail deportes@carral.es.